Senhor, os que me querem

From Wikisource
Jump to navigation Jump to search
Senhor, os que me querem mal
por Paio Soares de Taveirós


Senhor, os que me querem mal
sei eu bem que vos vam dizer
todos, senhor, por me fazer perder
convosco e nom por al:
dizem-vos ca vos quero bem,
senhor – e nom devo por en
eu escontra vós a perder.
  
E já desta mescra [a]tal
de me guardar nom hei poder,
ca vos sei mui gram bem querer,
pero me contra vós nom val;
e vós, por tolherdes-mi o sem,
nunca lhes queredes per rem
esta mescra de mim creer.
  
1, mia senhor, quer'eu punhar
se me posso salvar, se nom;
e dire[i]-lhes, a quantos som,
que mi o nom poderám provar;
mais eles sei eu que farám:
log'ante vós mi afrontarám
que vos amo de coraçom.