Senhor, pois me nom queredes

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Senhor, pois me nom queredes
por Dom Dinis


Senhor, pois me nom queredes
fazer bem, nem o teedes
por guisado,
Deus seja por em loado;
mais, pois vós mui bem sabedes
o torto que mi fazedes,
gram pecado
havedes de mi, coitado.
 
E pois que vos nom doedes
de mim, e sol nom havedes
em cuidado,
em grave dia fui nado;
mais par Deus, senhor, seeredes
de mim pecador, ca veedes
mui doado
moir'e de vós nom hei grado.
 
E pois mentes nom metedes
no meu mal, nem corregedes
o estado
a que m'havedes chegado,
de me matardes faredes
meu bem, pois m'assi tragedes
estranhado
do bem que hei desejado.
 
E, senhor, sol nom pensedes
que pero mi morte dedes,
agravado
end'eu seja mais pagado.