Senhor, por que eu tant'afán levei

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Senhor, por que eu tant'afán levei
por Fernando Esquío


Senhor, por que eu tant'afán levei,
gran sazón ha, por Deus, que vos non vi
e pero mui longe de vós viví,
nunca aqueste verv'antig'achei:
     "Quan longe d'olhos, tan longe de coraçón".

A minha coita, por Deus, non ha par
que por vós levo sempr'e levarei,
e pero mui longe de vós morei,
nunca pude este verv'antig'achar:
     "Quan longe d'olhos, tan longe de coraçón".

E tan gran coita d'amor hei migo
que o non sabe Deus, mal pecado!,
Pero que vivo muit'alongado
de vós, non acho este verv'antigo:
     "Quan longe d'olhos, tan longe de coraçón"