Senhor, que de grad'hoj'eu querría

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Senhor, que de grad'hoj'eu querría
por Dom Dinis


Senhor, que de grad'hoj'eu querría,
se a Deus e a vós aprouguesse,
que u vós estades, estevesse
convosqu'e por esto me terría
     por tan ben-andante
     que por rei nen ifante
     des alí adeante
     non me cambiaría[1].

E sabendo que vos prazería
que u vós morassedes, morasse,
e que vós eu viss'e vós falasse,
terría-me, senhor, toda vía
     por tan ben-andante
     que por rei nen ifante
     des alí adeante
     non me cambiaría.

Ca, senhor, en gran ben vivería,
se u vós vivessedes, vivesse,
e sol que de vós est'entendesse,
terría-me, e razón faría,
     por tan ben-andante
     que por rei nen ifante
     des alí adeante
     non me cambiaría.

Notas[editar]

  1. Cambhari ou cambaria: trocar. Document. das Bentas do Porto de 1295.