Senhor, veedes-me morrer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Senhor, veedes-me morrer
por João Garcia de Guilhade


-Senhor, veedes-me morrer,
desejando o vosso ben;
e vos non dades por én ren,
nen vos queredes én doer?
-Meu amigu', enquant'eu viver,
     nunca vos eu farei amor
     per que faça o meu peor.

-Mia senhor, por Deus que vos fez,
que me non leixedes assí
morrer, e vós faredes i
gran mesura con mui bon prez!
-Direi-vo'-l', amig', outra vez:
     nunca vos eu farei amor
     per que faça o meu peor.

-Mia senhor, que Deus vos perdón,
nembre-vos quant'afán levei
por vós, ca por vós morrerei.
E forçad'esse coraçón!
-Meu amig', ar direi que non:
     nunca vos eu farei amor
     per que faça o meu peor.