Senhor e lume destes olhos meus

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Senhor e lume destes olhos meus
por Joán Soares Coelho


Senhor e lume destes olhos meus,
per bõa [fé], direi-vos ũa rem;
e se vos mentir, nom me venha bem
nunca de vós, nem d'outrem, nem de Deus:
       dê'lo dia 'm que vos nom vi,
       mia senhor, nunca despois vi
  
prazer nem bem; nen'o ar veerei,
se nom vir vós, enquant'eu vivo for,
ou mia morte, fremosa mia senhor;
ca estou de vós como vos en direi:
       dê'lo dia 'm que vos nom vi,
       mia senhor, nunca despois vi
  
per bõa fé, se mui gram pesar nom;
ca todo quanto vi me foi pesar
e nom me soube conselho filhar.
E direi-vos, senhor, des qual sazom:
       dê'lo dia 'm que vos nom vi,
       mia senhor, nunca despois vi,
  
nem veerei, senhor, mentr'eu viver,
- se nom vir vós ou mia morte - prazer!