Senhor fremosa, grand'enveja hei

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Senhor fremosa, grand'enveja hei
por Vasco Fernández Praga de Sandim


Senhor fremosa, grand'enveja hei
eu a tod'home que vejo morrer;
e segund'ora o meu conhocer
enquant'est'é, faço mui gram razom:
ca hei por vós eno meu coraçom
tam gram coita, que mil vezes me tem,
senhor, sem fala e sem tod'o sem:
e nom vos queredes de mim doer!

Pero, senhor, ũa rem vos direi:
com tod'est'ora nom hei eu poder,
per bõa fé, de nulh'enveja haver
a nulh'home de quantos vivos som,
mais faç'eu esto porque sei ca nom
vive nulh'home que de vós mais bem
haja de mi - que nom hei de vós rem
senom quant'ora m'oístes dizer.

E porque sei tam bem, per bõa fé,
que nom sei cousa no mundo melhor,
que já, entanto com'eu vivo for,
nulha cousa nom me pode guardar
daquesta coita que levo levar,
se eu de vós algum bem nom houver;
e o que m'ende guardar nom poder,
já me nom pod'en al prestar, senhor.

Ca esta coita, senhor, tam grand'é
com'eu vos dixe já, o[u] é maior
- e bem creede que nom é mẽor.
E ora, por Deus, que vos fez falar
mui bem, senhor, e mui bem semelhar,
doede-vos de mi, se vos prouguer;
e se o fezerdes, já foi molher
que xe pensou de sa alma peor.