Senhor fremosa, nom hei hoj'eu quem

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Senhor fremosa, nom hei hoj'eu quem
por Vasco Gil


Senhor fremosa, nom hei hoj'eu quem
vos por mim queira mia coita mostrar,
nem eu, senhor, nom vos ous'i falar;
pero quero-vos rogar d'ũa rem:
       que vos prenda doo de mi
       por quant'afã por vós sofri!
  
Por quanta coita, bem dê'la sazom
que vos eu vi, sempre por vós levei,
se vos prouguer, ora rogar-vos-ei,
senhor, por Deus, por est'e por al nom:
       que vos prenda doo de mi
       por quant'afã por vós sofri!
  
Ai mia senhor, lume daquestes meus
olhos, que eu vi sempre por meu mal,
nom vos ous'eu por mim falar em al;
mais, mia senhor, rogo-vos eu por Deus
       que vos prenda doo de mi
       por quant'afã por vós sofri!
  
Havede vós doo de mi
por quant'afã sofr'e sofri!