Senhor fremosa, par Deus, gram razom

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Senhor fremosa, par Deus, gram razom
por Vasco Fernández Praga de Sandim
Cancioneiro da Ajuda, folio 1-verso


Senhor fremosa, par Deus, gram razom
seria já agora se em prazer
vos caesse de quererdes prender
doo de mim; ca, bem dê'la sazom
que vos eu vi e que vosco falei,
Deu'lo sabe ca nunca desejei
bem deste mundo se o vosso nom;

nem desejarei no meu coraçom
enquant'eu já eno mundo viver;
ca, de pram, vos hei maior bem querer
de quantas cousas eno mundo som.
E de mais, ũa cousa vos direi:
nom me quitará rem, eu ben'o sei,
de vos querer assi, se morte nom;

ca, de pram, se m'end'houvess'a quitar
nulha cousa sem morte, mia senhor,
quitar-m'end'-ia o mui gram sabor
que vos vejo haver de m'alongar
de vós, mui mais ca outr'home por en;
mais, mia senhor, direi-vos ũa rem:
nom vos am'eu por vos ar desamar,

ben'o creede, mais por vos buscar
muito serviç'enquant'eu vivo for,
e porque vos fez parecer melhor
Deus doutra dona, e melhor falar.
E El que vos tal fez, se m'algum bem
nom der de vós, senhor, nom me dê sem
nem poder de vos por en desamar.

Ca sei eu bem, u outra rem nom jaz,
ca me será, mia senhor, mais mester
de veer-vos, se end'a vós prouguer,
ca me será o maior bem que faz
en'este mund'[a] hom'outra molher.