Senhor fremosa, pois me vej'aquí

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Senhor fremosa, pois me vej'aquí
por Afonso Eanes de Coton


-Senhor fremosa, pois me vej'aquí,
gradesc'a Deus que vós posso dizer
a coita que me fazedes sofrer,
e Deus nen vós non me valedes i.
     -Amigo, por meu amor e por mí
     sofred'a coita que vós por mí ven,
     ca sofrendo coita se serv'o ben.

-Senhor fremosa, muito mal levei,
sofrendo tempo, e atendí melhor;
e Deus e vós fazedes-me peor,
e peor m'é que quando comecei.
     -Amigo meu, por min que vo-la dei
     sofred'a coita que vós por mí ven,
     ca sofrendo coita se serv'o ben.