Tant'é Melión pecador

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Tant'é Melión pecador
e tant'é fazedor de mal
e tant'é un home infernal,
que eu soo ben sabedor,
quanto o máis posso seer,
que nunca poderá veer
a face de Nostro Senhor.

Tantos son os pecados seus
e tan muit'é de mal talán,
que eu sõo certo, de pran,
quant'aquest'é, amigos meus,
que, por quanto mal en el ha,
que jamais nunca veerá
en nẽun temp'a face de Deus.

El fez sempre mal e cuidou
e jamais nunca fezo ben;
e eu sõo certo por én
del que sempr'en mal andou;
que nunca ja, pois assí é,
pode veer, per bõa fe,
a face do que nos comprou.