Toda-las cousas eu vejo partir

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Toda-las cousas eu vejo partir
por Joan Airas


Toda-las cousas eu vejo partir
do mund'en como soían seer,
e vej'as gentes partir de fazer
ben que soían (tal tempo nos ven!),
mais non se pod'o coraçón partir
     do meu amigo de mi querer ben.

Pero que home part'o coraçón
das cousas, que ama, per bõa fe,
e parte-s'home da terra ond'é,
e parte-s'home d'u grande prol ten,
non se pode partí-lo coraçón
     do meu amigo de mi querer ben.

Toda-las cousas eu vejo mudar:
mudan-s'os tempos e muda-s'o al,
muda-s'a gente en fazer ben ou mal,
mudan-s'os ventos e tod'outra ren,
mais non se pod'o coraçón mudar
     do meu amigo de mi querer ben.