Treides todas, ai amigas, comigo

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Treides todas, ai amigas, comigo
por João Garcia de Guilhade


Treides todas, ai amigas, comigo
veer un home muito namorado
que aquí jaz cabo nós mal chagado
e, per'hoj'ha muitas coitas consigo,
     non quer morrer, por non pesar del alguén
     que lh'amor ha, mais el muit'ama alguén.

Ja x'ora el das chagas morrería,
se non foss'o grand'amor verdadeiro;
preçade sempr'amor de cavaleiro,
ca el de pran sobr'aquesto perfía,
     non quer morrer, por non pesar del alguén
     que lh'amor ha, mais el muit'ama alguén.

Lealment'ama Joán de Guilhade
e de nós todas lhi seja loado
e Deus lhi dé da por que o faz grado,
ca el de pran con mui gran lealdade,
     non quer morrer, por non pesar del alguén
     que lh'amor ha, mais el muit'ama alguén.