Vós mi defendestes, senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Vós mi defendestes, senhor
por Dom Dinis


Vós mi defendestes, senhor,
que nunca vos dissesse rem
de quanto mal mi por vós vem;
mais fazede-me sabedor,
por Deus, senhor, a quem direi
quam muito mal levei
por vós, se nom a vós, senhor?
 
Ou a quem direi o meu mal,
se o eu a vós nom disser,
pois calar-me nom m'é mester
e dizer-vo-lo nom m'er val?
E pois tanto mal sofr'assi
se convosco nom falar i
por quem saberedes meu mal?
 
Ou a quem direi o pesar
que mi vós fazedes sofrer
se o a vós nom for dizer,
que podedes conselh'i dar?
E por em, se Deus vos perdom,
coita deste meu coraçom,
a quem direi o meu pesar?