Vós que mi assi coitades, mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Vós que mi assi coitades, mia senhor
por Vasco Fernández Praga de Sandim
Cancioneiro da Ajuda, folios 2 e 2-verso


Vós que mi assi coitades, mia senhor,
que eu me quite de vos bem querer,
de pram, cuidades que algum poder

hei eu, senhor, de me vos en quitar?
Ca vós por al nom o ides fazer.
Mais a verdade vos quer'eu dizer:
este poder nunca mi o Deus quis dar.

Mais se mi o Deus dess'ora, mia senhor,
ainda me poderia valer,
ca logo m'eu quitaria d'haver
gram coita, e de vos fazer pesar;
mais o vosso fremoso parecer,
que eu por mi nom houver'a veer,
me quitou já de mi o Deus nunca dar.

E quitou-me por sempre, mia senhor,
per bõa fé, de nunca eu saber
sem veer-vos, senhor, que x'é prazer;
e, senhor, nom vo-lo quer'eu negar:
se vos de mi nom quiserdes doer,
veer-m'-edes cedo por vós morrer,
ca já m'end'eu vejo de guis'andar.

E se vos digo pesar, mia senhor,
nom me devedes en culpa põer,
ca entanto com'eu pude sofrer
mia coita, nom vos fui dela falar,
nem me soub'ende soo trameter;
mais nom sei ora conselho prender
a esta coita 'm que me vej'andar.