Veestes-me, amigas, rogar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Veestes-me, amigas, rogar
por João Garcia de Guilhade


Veestes-me, amigas, rogar
que fale con meu amigo
e que o avenha migo,
mais quero-m'eu dele quitar,
ca, se con el algũa ren falar,
     quant'eu falar con cabeça de can
     logo o todas saberán.

Cabeça de can perdudo
é, pois non ha lealdade;
con outra fala én; Guilhade
é traedor conhoçudo,
e por est', amigas, sei que tudo
     quant'eu falar con cabeça de can
     logo o todas saberán.

E, se lh'eu mias dõas desse,
amigas, como soía,
a toda-lo el diría
e al quanto lh'eu dissesse
e fala, se a con el fezesse:
     quant'eu falar con cabeça de can
     logo o todas saberán.