Vi eu, mia madr', andar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Vi eu, mia madr', andar
por Nuno Fernandes Torneol


Vi eu, mia madr', andar
as barcas eno mar,
     e moiro-me d'amor.

Foi eu, madre, veer
as barcas eno ler,
     e moiro-me d'amor.

As barcas eno mar
e foi-las aguardar,
     e moiro-me d'amor.

As barcas eno ler
e foi-las atender,
     e moiro-me d'amor.

E foi-las aguardar
e non o pud'achar,
     e moiro-me d'amor.

E foi-las atender
e non o pudi veer,
     e moiro-me d'amor.

E non o achei i,
o que por meu mal vi,
     e moiro-me d'amor.