Vi hoj'eu cantar d'amor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Vi hoj'eu cantar d'amor
por Dom Dinis


Vi hoj'eu cantar d'amor
em um fremoso virgeu
unha fremosa pastor
que ao parecer seu
jamais nunca lhi par vi;
e por em dixi-lh'assi:
«Senhor, por vosso vou eu.»
 
Tornou sanhuda entom,
quando m'est'oíu dizer,
e diss': «Ide-vos, varom!
quem vos foi aqui trager
pera m'irdes destorvar
d'u dig'aqueste cantar
que fez quem sei bem querer?»
 
«Pois que me mandades ir»,
dixi-lh'eu, «senhor, ir-m'ei;
mais já vos hei-de servir
sempr'e por voss'andarei;
ca voss'amor me forçou
assi que por vosso vou,
cujo sempr'eu já serei.»
 
Dix'ela: «Nom vos tem prol
esso que dizedes, nem
mi praz de o oír sol;
ant'hei noj'e pesar em,
ca meu coraçom nom é
nem será, per bõa fé,
senom do que quero bem.»

«Nem o meu», dixi-lh'eu, «já,
senhor, nom se partirá
de vós, por cujo s'el tem.»
 
« O meu», diss'ela, «será
u foi sempr'e u está,
e de vós nom curo rem.»