Vi hoj'eu donas mui ben parecer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Vi hoj'eu donas mui ben parecer
por João Garcia de Guilhade


Vi hoj'eu donas mui ben parecer
e de mui bon prez e de mui bon sén
e muit'amigas son de todo ben,
mais dũa moça vos quero dizer:
     de parecer venceu quantas achou
     ũa moça que x'agora chegou.

Cuidava-m'eu que non havían par
de parecer as donas que eu vi,
atán ben me parecían alí,
mais, poi-la moça filhou seu logar,
     de parecer venceu quantas achou
     ũa moça que x'agora chegou.

Que feramente as todas venceu
a mocelinha en pouca sazón:
de parecer todas vençudas son!
Mais, poi-la moça i pareceu,
     de parecer venceu quantas achou
     ũa moça que x'agora chegou.