Vistes, madr', o escudeiro

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Vistes, madr', o escudeiro
por Pêro da Ponte


-Vistes, madr', o escudeiro
que m'houver'a levar sigo?
Mentí-lh'e vai-mi sanhudo,
mia madre, ben vo-lo digo:
     Madre, namorada me leixou,
     madre, namorada mi ha leixada
     madre, namorada me leixou.

Madre, vós que me mandastes
que mentiss'a meu amigo,
que conselho mi daredes
ora, poi-lo non hei migo?
     Madre, namorada me leixou,
     madre, namorada mi ha leixada,
     madre, namorada me leixou.

-Filha, dou-vos por conselho
que, tanto que vos el veja,
que toda ren lhi façades,
que vosso pagado seja:
     Madre, namorada me leixou
     madre, namorada mi ha leixada,
     madre, namorada me leixou.

Pois escusar non podedes,
mia filha, seu gasalhado,
des oimais eu vos castigo
que lh'andedes a mandado:
     Madre, namorada me leixou,
     madre, namorada mi ha leixada,
     madre, namorada me leixou