Vistes, madr', o que dizía

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Vistes, madr', o que dizía
por Pêro da Ponte


Vistes, madr', o que dizía
que por mí era coitado?
Pois mandado non m'envía,
entend'eu do perjurado
que ja non teme mia ira,
     ca, senón, noite nen día,
     a meos de meu mandado,
     nunca s'el d'aquí partira.

E vistes, u s'el partía
de mí mui sen o meu grado
e jurando que havía
por mí penas e cuidado?
Tod'andava con mentira,
     ca, senón, noite nen día,
     a meos de meu mandado,
     nunca s'el d'aquí partira.

E ja qual molher devía
creer per nulh'home nado,
pois o que assí morría
polo meu bon gasalhado
ja xi per outra sospira,
     ca, senón, noite nen día,
     a meos de meu mandado
     nunca s'el d'aquí partira.

Mais, Deus, quen o cuidaría
d'el viver tan alongado
d'u el os meus olhos vira?