Voss'amigo quer-vos sas dõas dar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Voss'amigo quer-vos sas dõas dar
por Joan Airas


Voss'amigo quer-vos sas dõas dar,
amiga, e quero-vos dizer al:
dizen-mi que lhas queredes filhar
e dized'ora, por Deus, ũa ren:
se lhi filhardes sas dõas ou al,
     que diredes por lhi non fazer ben?

Vós non seredes tan sen-conhocer,
se lhi filhardes nulha ren do seu,
que lhi non hajades ben a fazer;
e venh'ora preguntar-vos por én:
se lhi filhardes nulha ren do seu,
     que diredes por lhi non fazer ben?

El punhará muit'e fará razón
de lhas filhardes, quando vo-las der,
e vós ou lhas filharedes ou non,
e dized'ora qual é vosso sén:
se lhi filhardes quanto vos el der,
     que diredes por lhi non fazer ben?

Ou ben filhade quanto vos el der
e fazede ben quanto x'el quiser,
ou non filhedes do seu nulha ren,
non lhi façades nunca nen un ben.