A Lobatón quero eu ir

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
A Lobatón quero eu ir
por Pero Viviáez


A Lobatón quero eu ir,
ai Deus, e u me guía
que a viss'hoj'eu por meu ben
a que veer quería:
a que parece melhor
de quantas Nostro Senhor
Deus fez é dona Joanna,
     por que moir'eu, polo seu
     parecer, que lhi Deus deu
     a esta louçana.
     Eu non na vi, mais oí
     dela muito ben: pois i
     for, verrei sa irmana.

A Lobatón quero eu ir
ca, u and'eu ou sejo,
sempre no meu coraçón
muito veer desejo
a senhor do melhor prez
de quantas Deus nunca fez:
esta é dona Joanna,
     por que moir'eu, polo seu
     parecer que lhi Deus deu
     a esta louçana.
     Eu non na vi, mais oí
     dela muito bem: pois i
     for, veerei sa irmana.

A Lobatón quero eu ir,
ca non perço cuidado
do coraçón, en guisa tal
que me trax aficado
pola melhor das qu'eu sei,
que se a non vir morrerei:
esta é dona Joanna,
     por que moir'eu, polo seu
     parecer que lhi Deus deu
     a esta louçana.
     Eu non na vi, mais oí
     dela muito bem: pois i
     for, veerei sa irmana.