A mia senhor, a que eu sei querer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
A mia senhor, a que eu sei querer
por Roi Páez de Ribela


A mia senhor, a que eu sei querer
melhor ca nunca quis hom'a molher,
poila tant'amo e mi o creer nom quer,
Nostro Senhor, que há mui gram poder,
       me dê seu bem, se lh'eu quero melhor
       ca nunca quis no mund'hom'a senhor.
  
E se nom, E[le] me leixe prender
por ela morte, ca nom m'é mester
d'eu viver mais, se seu bem nom houver;
mais Deus, que pod'a verdade saber,
       me dê seu bem, se lh'eu quero melhor
       ca nunca quis no mund'hom'a senhor.
  
Porque lhe fez as do mundo vencer
de mui bom prez e do que vos disser:
de parecer mui bem u estever,
Deus, que lhe fez tam muito bem haver,
       me dê seu bem, se lh'eu quero melhor
       ca nunca quis no mund'hom'a senhor.