A mia senhor, que mui de coraçom

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
A mia senhor, que mui de coraçom
por Roi Páez de Ribela


A mia senhor, que mui de coraçom
eu amei sempre des quando a vi,
pero me vem por ela mal des i,
é tam bõa, que Deus nom mi perdom,
       se eu querria no mundo viver
       por lhe nom querer bem nen'a veer.
  
Pero dela nom atendo outro bem,
ergo vee-la mentr'eu vivo for;
mais porque amo tam boa senhor,
Deus nom mi a mostre, que a 'm poder tem,
       se eu querria no mundo viver
       por lhe nom querer bem nem a veer.
  
Porque desejo de vee'los seus
olhos tam muito que nom guarrei já;
e porque antre quantas no mund'há
val tam muito, que nom me valha Deus,
       se eu querria no mundo viver
       por lhe nom querer bem nem a veer.