Ai, mia senhor, veen-me conselhar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ai, mia senhor, veen-me conselhar
por Pero Mafaldo


Ai, mia senhor, veen-me conselhar
meus amigos, como vos eu disser:
que vos non servia, ca non m'é mester,
ca nunca ren por mí quisestes dar;
pero, senhor, non m'én quer'eu quitar
     de vos servir e vos chamar senhor;
     e vós faredes depoi-lo melhor.

E todos dizen que fiz i mal sén,
ai mia senhor, des quando comecei
de vos servir; e non os creerei
mentr'eu viver, nunca, por ũa ren:
ca, mia senhor, non me quitarei én
     de vos servir e vos chamar senhor;
     e vós faredes depoi-lo melhor.

E máis me dizen do que me vos deu
por mia senhor: que mi fez i gran mal.
Pois m'esto dizen, dizen-m'assí al:
«Non a serviades, nen sejades seu».
Por tod'esto non me partirei eu
     de vos servir e vos chamar senhor;
     e vós faredes depoi-lo melhor.

E, mia senhor, conselha-me mui mal
quen mi o conselha; mais farei-m'eu al.