Ai mia senhor! se eu nom merecesse

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ai mia senhor! se eu nom merecesse
por Martim Soares


Ai mia senhor! se eu nom merecesse
a Deus quam muito mal lh'eu mereci,
doutra guisa pensara El de mi,
ca nom que m'em vosso poder metesse;
mais soube-Lh'eu muito mal merecer
e meteu-m'El eno vosso poder,
u eu jamais nunca coita perdesse.
  
E, mia senhor, se m'eu desto temesse,
u primeiro de vós falar oí,
guardara-m'eu de vos veer des i;
mais nom quis Deus que meu mal entendesse
e mostrou-mi o vosso bom parecer,
por mal de mim, e nom m'ar quis valer
El contra vós, nem quis que m'al valesse.
  
E, mia senhor, se eu morte prendesse
aquel primeiro dia em que vos vi
fora meu bem; mais nom quis Deus assi,
ante me fez, por meu mal, que vivesse;
ca me valvera a mim mais de prender
mort'aquel dia que vos fui veer,
que vos eu visse nem vos conhocesse.