Amiga, muit'ha que non sei

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Amiga, muit'ha que non sei
por Fernán Fernandes Cogominho


Amiga, muit'ha que non sei,
nen mi ar veestes vós dizer
novas, que querría saber,
dos que ora son con el-Rei:
     se se veen ou se x'están
     ou a que tempo se verrán.

Enquanto falades migo,
dizede, se vos venha ben,
se vos disse novas alguén
dos que el-Rei levou sigo:
     se se veen ou se x'están
     ou a que tempo se verrán.

Daría mui de coraçón
que-quer que haver podesse
a quen mi novas dissesse
d'el-Rei e dos que con el son:
     se se veen ou se x'están
     ou a que tempo se verrán.

Mais ben sei eu o que farán:
porque mi pesa, tardarán.