Amigo, pois me leixades

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Amigo, pois me leixades
por Joan Perez d'Avoin


Amigo, pois me leixades
e vos ides alhur morar
rogu'eu a Deus, se tornades
aquí por comigo falar,
     que non hajades, amigo,
     poder de falar comigo.

E, pois vós vos ir queredes
e me non queredes creer,
rog'a Deus, se o fazedes
e tornardes por me veer,
     que non hajades, amigo,
     poder de falar comigo.

Pois non catades mesura,
nen quanto vos eu fiz de ben,
rog'a Deus, se per ventura
tornardes por mi dizer ren,
     que non hajades, amigo,
     poder de falar comigo.

Pois vos ides sen meu grado
e non dades nada por mí,
rogu'eu a Deus, se coitado
fordes e tornardes aquí,
     que non hajades, amigo,
     poder de falar comigo.