Amigo, pois vos non vi

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Amigo, pois vos non vi
por Dom Dinis


Amigo, pois vos non vi,
nunca folguei, nen dormí,
mais ora ja, des aquí
que vos vejo, folgarei
e veerei prazer de mí,
     pois vejo quanto ben hei.

Pois vos non pudi veer,
ja máis non houvi lezer,
e, u vos Deus quis trager,
que vos vejo, folgarei
e veerei de min prazer,
     pois vejo quanto ben hei.

Des que vos non vi, de ren
non vi prazer e o sén
perdí, mais, pois que mi avén
que vos vejo, folgarei
e veerei todo meu ben,
     pois vejo quanto ben hei.

De vos veer a min praz
tanto que muito e assaz,
mais, u m'este ben Deus faz,
que vos vejo, folgarei
e veerei gran solaz,
     pois vejo quanto ben hei.