Ben'o faria, se nembrar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ben'o faria, se nembrar
por Joan Soairez Somesso


Ben'o faria, se nembrar
se quisesse já mia senhor
como mi a tort'há desamor,
e me quisesse perdõar:
ca nunca lh'eu mal mereci,
mais fez-mi-a Deus, des que a vi,
sen'o meu grado muit'amar.
  
Pero lhe nunca mal busquei,
hei-lh'ora de buscar perdom,
ca me quer mal de coraçom.
E nom osm'hoj'eu, nen'o sei,
per que me lhe possa salvar,
que lhe nunca figi pesar;
mais nom quer oir mia razom.
  
E macar me quisess'oir,
nom lh'ousaria i falar;
e por esto nom poss'osmar
rem per que eu possa guarir.
Ca nom hei doutra rem sabor
erg'em viver u ela for:
e desto m'hei sempr'a guardar.
  
E guardar-m'hei de a veer,
pero nom desejo muit'al.
Mais se me Deus cedo nom val,
muit'hei gram coita de sofrer:
pois m'ela perdõar nom quer,
Deu'lo sabe que m'é mester
mui mais mia morte ca viver.