Bernal Fendudo, quero-vos dizer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Bernal Fendudo, quero-vos dizer
por Joán Baveca


Bernal Fendudo, quero-vos dizer
o que façades, pois vos queren dar
armas e "dona salvage" chamar:
se vos con mouros lid'acaecer,
sofrede-os, ca todos vos ferrán,
e, dando colbes en vós, cansarán,
e haveredes pois vós a vencer.

E ali logu', u s'ha lide a volver,
verrán-vos deles deante colpar;
des i os outros, por vos non errar,
ar querrán-vos por alhur cometer;
mais sofrede-o, e ferrán per u quer,
ca, se vos Deus en armas ben fezer,
ferindo en vós, han eles de caer.

Pero, com'ha mui gran gente a seer,
muitas vezes vos han a derribar;
mais sempre vós havedes a cobrar
e eles han máis a enfraquecer,
pero non quedarán de vos ferir
de todas partes; mais, ao fĩir,
todos morrerán en vosso poder.