Boa senhor, o que me foi miscrar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Boa senhor, o que me foi miscrar
por Pero Eanes Marinho


Boa senhor, o que me foi miscrar
vosco por certo soube-vos mentir
que outra dona punhei de servir;
de tal razón me vos venho salvar:
     ca se eu a molher hoje quero ben,
     senón a vós, quero morrer por én.

E, nobre amiga, pois vos sei amar
de coraçón, devedes receber
aquesta salva que venho fazer
e non creades quen quer posfaçar
     ca se eu a molher hoje quero ben,
     senón a vós, quero morrer por én.

E, meu amor, eu vos venho rogar
que non creades nen ũu dizedor
escontra min, meu lume e meu amor,
dos que me queren mal e mal buscar,
     ca se eu a molher hoje quero ben,
     senón a vós, quero morrer por én.

Nen quis eu dona por senhor tomar
senón vós, que amo e quero amar.