Cantigas de Santa Maria/CCCL

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCL


Esta é de loor de Santa Maria.

Santa Maria, Sennor,
val-nos u nos mester for.

E val-nos, Santa Maria,
ca mester é que nos vallas,
ca tu por nos noit' e dia
cono diabo barallas
e ar punnas todavia
por encobrir nossas fallas,
e por nos dar alegria
con Deus sempre te traballas,
ca tu es razõador
a el polo peccador.
Santa Maria, Sennor...

Val-nos, Virgen groriosa,
cona ta mui gran vertude,
pois ta carne preciosa
pres Deus por nossa saude;
e porend', ai, piadosa,
ta mercee nos escude
contra a compann' astrosa
do demo, e nos ajude;
ca tu na coita mayor
vales ao peccador.
Santa Maria, Sennor...

E val-nos, nobre Rea,
con tas grandes piadades,
e sei nossa meezynna
nas grandes enfermidades,
e nossa carne mesqa
guarda de fazer maldades;
ca tu nos podes aga
acorrer con tas bondades,
e por ti Nostro Sennor
perdõa o peccador.
Santa Maria, Sennor...

Val-nos, Sennor de mesura,
ca por nos no mundo nada
fuste, e o da altura
Deus fillou en ti pousada
e fez de ti, Virgen pura,
Madre e nossa avogada,
por nos meter na folgura
u te fez el corõada,
e [te] fez dos santos fror
e guarda do peccador.
Santa Maria, Sennor...

E val-nos por ta bondade
tan grande que senpr' ouviste,
porque a gran deidade
de Deus en ti enchoiste;
e manten-nos con verdade,
que tu senpre manteviste,
e de mui gran falssidade
nos guarda, que mal quisiste
e queres, e ás sabor
de valer o peceador.
Santa Maria, Sennor...