Cantigas de Santa Maria/CCCLII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCLII


Esta é como Santa Maria del Viso guariu u açor dun cavaleiro.

Fremosos miragres mostra a Madre da fremosura
e grandes, ca á vertude do mui gran Deus sen mesura.

Dest' un fremoso miragre vos direi, se m'ascuitardes,
que fezo Santa Maria; e se y mentes parardes,
por mui grande o terredes quant' en ele mais cuidardes,
e veredes com' a Virgen á poder sobre natura.
Fremosos miragres mostra a Madre da fremosura...

Aquest' a un cavaleiro conteceu que vassal' era
dun fi de rey, e por ele fazia jostiça fera,
e que u açor mui bõo ha vegada lle dera
que fora dun cavaleiro natural d'Estremadura.
Fremosos miragres mostra a Madre da fremosura...

Est' açor fillava garças e ãades e betouros
e outras prijões muitas; e nen crischãos nen mouros
atal açor non avian, e davan de seus tesouros...
muito por el que llo désse. Mas non avia en cura
Fremosos miragres mostra a Madre da fremosura...

O cavaleiro de dar-llo nen sol por aver vende-lo;
mais avia voontade d'ante seu sennor trage-lo,
porque mui mais d'outra cousa lle prazeria d'ave-lo
ante que o aver outre ou perde-lo per ventura.
Fremosos miragres mostra a Madre da fremosura...

E el con el cada dia muit' a ssa caça andava
e quantas aves podia fillar, con ele fillava;
pero foron ben dous anos que o açor non mudava,
e o cavaleiro avia desto pesar e tristura.
Fremosos miragres mostra a Madre da fremosura...

E meteu muitos deiros en lle fazer meezas,
que nulla ren non valveron; pois no tenpo quand' as vas
vendimian, foi-sse con ele aa Sennor das Reynnas
a ssa eigreja do Viso, que jaz en ha altura.
Fremosos miragres mostra a Madre da fremosura...

E quando chegou a Touro ouv' outro gran desconorto
do açor, que non queria comer e tal come morto
era, e o bic' ynchado muito e o colo torto,
dizendo todos: «Mort' éste se lle dous dias atura.»
Fremosos miragres mostra a Madre da fremosura...

O cavaleiro de çera fez log' ha semellança
do açor e foi con ela, avendo grand' esperança
ena Virgen groriosa e creendo sen dultança
que seu açor lle daria viv' e são sen laidura.
Fremosos miragres mostra a Madre da fremosura...

E foi-sse logo con ela quanto pod' aa eigreja
da Virgen Santa Maria que é bita e seja,
que ll'amostrou essa noite mui gran mercee sobeja,
Ca tornou o açor são e a el tolleu loucura.
Fremosos miragres mostra a Madre da fremosura...

E demais fez-ll' outra cousa, que as penas que mudadas
ante ayer non podera, ouve-as logo deitadas
e meteu outras tan bõas e atan ben cooradas,
que per ren non poderian taes pintar de pintura.
Fremosos miragres mostra a Madre da fremosura...

Esto fez Santa Maria, Madre do que formou suso
os ceos maravillosos e ar pos a terra juso,
que miragres mui fremosos fez senpr', e á-o por uso,
por nos fazer ben creentes e guardar-nos de loucura.
Fremosos miragres mostra a Madre da fremosura...