Cantigas de Santa Maria/CCCLXV

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCLXV


Esta CCC e LXV. é como Santa Maria tirou de dulta un frade noviço que dizia que a
alma non era nada, no mõeste[i]ro de Fontefria en Narbona.

Ben tira Santa Maria pela sa gran piedade
ao pecador de dulta e de maa torpidade.

E sobr' aquest' un miragre ora contar-vos querria
que por un monje noviço mostrou a Virgen Maria,
que era dum mõesteiro que chaman de Fontefria,
que [é] no arçobispado de Narbona a çidade.
Ben tira Santa Maria pela sa gran piedade...

Este monje con loucura grande que ll'o demo dava,
sempre a noit' e o dia en seu coraçon dultava
que alma nada non era senon vento que passava
tost' e que se desfazia come fum'; e en verdade
Ben tira Santa Maria pela sa gran piedade...

Tiinna de tod' en todo aquesto que assi era.
Assi andava perdudo per sen que ll' o demo dera,
que o metia en dulta, e cuidava y mui fera-
ment[e] a noit' e o dia por sua gran ne[i]çidade.
Ben tira Santa Maria pela sa gran piedade...

E est' andava cuidando tanto, que disse sen falla
que na ordin non querria viver: «ca, ssi Deus me valla,»
diss' el, «pois qu' é esta alma atal como nemigalla,
quer' oy mais andar viçoso e comprir mia voontade.»
Ben tira Santa Maria pela sa gran piedade...

a noit' assi jazendo, cuido[u] como se saysse
do mõesteir' e da ordin que o nengu non visse;
vistiu-sse log' e calçou-sse, ca ata que non comprisse
seu cuido non folgaria. E por fazer tal maldade
Ben tira Santa Maria pela sa gran piedade...

Pareçeu-ll' a Gloriosa con d'angeos gran companna
qúe levavam ha alma dun pobre mans' e sen sanna
a çeos, con claridade e alegria tamanna
que contar non saberia. E diss' ela: «Estade, estade,
Ben tira Santa Maria pela sa gran piedade...

E verá aqueste monje que anda en gran loucura
en cuidar que non é nada a alma, ca da altura
deçeu meu Fill' e pres morte por ela fort' e mui dura;
e quen non cree aquesto ment' e faz gran falsidade.»
Ben tira Santa Maria pela sa gran piedade...

Quand' aquesto viu o monje, teve-sse por mui culpado
e tornou-s' ao dormidoiro e foi mui led' afficado
daquela vison que vira e de [sa] dulta tirado,
e viveu senpr' en sa orden con ben e con omildade.
Ben tira Santa Maria pela sa gran piedade...