Cantigas de Santa Maria/CCCLXVII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCLXVII


[C]omo Santa Maria do Porto guareçeu a[l] rey don Affonso da grand' enfermedade de
que lle ynchavan as pernas tan muito que lle non podiam caber enas calças.

Grandes miragres faz Santa Maria
e fremosos a quem s' en ela fia.

Ca en aquele que s' a ela chama
e a serv' e a loa e a ama,
macar jaça en leito ou en cama
con gran door, sãa-o todavia.
Grandes miragres faz Santa Maria...

Dest' un miragre quero que sabiades
que fez mui grande na que esperades
todos merçee e u a achades
en todo tempo, de noit' e de dia.
Grandes miragres faz Santa Maria...

Aquest' avo al Rey de Castela
e de Santiago de Compostela
quand' ya veer a ygreja bela
que el fezera na Andaluzia,
Grandes miragres faz Santa Maria...

Que en mui pouco tenpo acabada
foi a onrra da Virgen corõada,
e de torres e de muro cercada,
segund' aquel logar mester avia.
Grandes miragres faz Santa Maria...

Aquel Rei fora enferm' en Sevilla
de grand' enfermidade a maravilla,
de que guariu por aquela que trilla
mui mal o demo cho de perfia.
Grandes miragres faz Santa Maria...

E pois [guariu] desta enfermidade,
el Rey ouv' enton mui gran voontade
d'ir a logar u tan gran santidade
á com' ali; e el en romaria
Grandes miragres faz Santa Maria...

Foi alá logo per mar e per terra.
E macar l[l]' o tenpo fez mui gran guerra,
guió-o ben aquela que non erra
a quena serve ben sen oufania.
Grandes miragres faz Santa Maria...

E ind' el Rei per mar, tanto ll'incharon
as pernas ambas e se lle pararon
assi vermellas que todos cuidaron
que daquel mal mui tarde sãaria.
Grandes miragres faz Santa Maria...

Ca ja de tal guisa inchad' aviam
que enas osas caber non podiam;
demais os coiros delas se fendian
e agua amarela en saya.
Grandes miragres faz Santa Maria...

Mais el Rei, que toda sa esperança
avia ena Virgen sen dultança,
non quis por esto fazer demorança,
mais foi-ss' ao Porto quant' yr podia.
Grandes miragres faz Santa Maria...

E chegou vernes aa ssa ygreja
daquesta Virgen que beyta seja,
e con esta enfermidade sobeja
foi ant' o seu altar ter vegia.
Grandes miragres faz Santa Maria...

E quando os madudin[n] os começaron
os seus clerigos, que os ben cantaron,
log' amba-las pernas lle desincharon
e guareceu daquela maloutia.
Grandes miragres faz Santa Maria...

E el Rei log' e toda sa companna,
que viron a maravilla tamanna,
loaron muit[o] a que nos gaanna
de Deus saud' e nos dá alegria.
Grandes miragres faz Santa Maria...