Cantigas de Santa Maria/CCCLXXII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCLXXII


[C]omo vo ha moller de nevra, que raviava, a Santa Maria do Porto, e apareçeu-lle
Santa Maria de noit' e guareçeu-a.

Muit' éste mayor cousa en querer-se mostrar
a Virgen aos omes, ca d'enfermos sãar.

E dest' um gram miragre direy, se vos prouguer,
que a Virgen b[e]yta fez por ha moller
na ygreja do Porto; e quem mi oyr quiser
direi-lle com' avo, se mio ben ascoitar.
Muit' éste mayor cousa en querer-se mostrar...

Ha moller de Nevla foron trager ali,
que ben avia çinque dias, com' aprendi,
que raviava tan forte, segundo que oý,
que mordia as gentes e come can ladrar
Muit' éste mayor cousa en querer-se mostrar...

Se fillava de rrijo. E por esta razon
foron-ll' atar as mãos e os pees enton;
demais eran passados çinque dias que non
comera nen bevera nen podia folgar.
Muit' éste mayor cousa en querer-se mostrar...

E pois foi na ygreja e o altar catou,
aquela ravia grande toda se ll' amansou;
e pois dormio un pouco, a Virgen a fillou
pela mão e disse-ll': «Eu te venno sãar.
Muit' éste mayor cousa en querer-se mostrar...

E des oy mais non ajas medo de mal aver,
mais á mester que cómias e que queiras bever;
ca eu sõo aquela que posso guareçer
tod' aquel que na coita que ouver me chamar.»
Muit' éste mayor cousa en querer-se mostrar...

Foi-ss' enton a Reyn[n]a, Virgen espirital,
e leixou ben guarida a moller daquel mal;
e pediu que comesse e bevess'outro tal,
e os que y estavan foron-llo logo dar.
Muit' éste mayor cousa en querer-se mostrar...

Quando viu o marido que cobrara seu sen
sa moller e que era ja guarida mui ben
daquela mortal ravia, deu loores poren
aa Virgen beyta, que se quis merçear
Muit' éste mayor cousa en querer-se mostrar...

Dela. E quantos eran eno logar loor
deron poren mui grand[e] aa santa Sennor,
Virgen e groriosa Madre do Salvador
Jhesu-Cristo, que vo en ela encarnar.
Muit' éste mayor cousa en querer-se mostrar...