Cantigas de Santa Maria/CCCLXXIV

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCLXXIV


[C]omo us almogavares, que senpre entravan a terra de mouros e eran desbaratados,
teveron vigia na capela do al[ca]çar de Xerez e prometeron-lle a dõa, e entraron en
cavalgada e gan[n]aron muy grand' algo.

Muito quer Santa Maria, a Sennor de ben conprida,
que quand' aos seus ajuda, que seja deles servida.

Desto direy un miragre grande que me foi mostrado
que fezo Santa Maria, de que Deus quis seer nado,
en Xerez, na sa capela do alcaçar, que gãado
foi de mouros per sa graça que nunca será falida
Muito quer Santa Maria, a Sennor de ben comprida...

Aos que a aver querem. E porend' us peõ[e]s,
almogavares muy bõos, pero ja quanto ladrões,
foram mal fazer a mouros con muy bõos corações;
mais gãar ren non podian d'entrada nen de sayda,
Muito quer Santa Maria, a Sennor de ben comprida...

Ca sempr' eram descubertos e muy mal desbaratados.
Mais depois que entenderon que esto per seus pecados
era, logo mantenente se teveron por culpados,
e en correger cuidavan muyto depois en sa vida.
Muito quer Santa Maria, a Sennor de ben conprida...

E ouveron seu acordo que fossen ter vegia
ena fremosa capela da Virgen Santa Maria
e logo en cavalgada movessen en outro dia,
e se gãassem, a Virgen ouves[s]' en de sa partida
Muito quer Santa Maria, a Sennor de ben comprida...

A cousa que mais fremosa e mais rica y fillassen.
E porend' a Gloriosa lles fez que desbaratassen
ha recova mui grande de mouros, e que achassen
a purpura muy rica, feyta d'ouro, muy velida.
Muito quer Santa Maria, a Sennor de ben conprida...

E tan toste que a viron non ouv' y quen non dis[s]es[s]e
que aquel pano tan rico Santa Maria ouvesse;
e logo offerer-llo foron e deron queno posesse
ant' o altar, e tamanno foi com' ele per medida.
Muito quer Santa Maria, a Sennor de ben conprida...

E logo dessa companna foi a Virgen muy loada,
e des ali adeante non fezeron cavalgada
en que non gãassen muito, ca a Virgen corõada
lles guisou cada que foron que fezeron bõa yda.
Muito quer Santa Maria, a Sennor de ben conprida...