Cantigas de Santa Maria/CCCLXXXIX

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCLXXXIX


[C]omo Santa Maria do Porto guareçeu un fillo de Maestre Pedro de Marsella.

A que pera parayso irmos nos mostra camin[n]os,
poder á de sãar vellos e mancebos e menin[n]os.

Poder á de sãar vello se é tal que o mereçe,
e outro tal o mançebo se faz bõa mançebeçe,
outrosi ao meninno se algun mal lle conteçe,
quand' an sas etnfermidades seendo muy pequenin[n]os.
A que pera parayso irmos nos mostra caminnos...

E daquesto en Sevilla mostrou miragre mui grande
a Virgen Santa Maria, que rog' a seu Fill' e mande
que polos nos[sos] peccados mui sannudo non nos ande,
mas que do seu parayso nos queyra fazer vezin[n]os.
A que pera parayso irmos nos mostra caminnos...

Este miragre foi feito en Sevilla na çicbade
por un meninno que era mui mal doente en verdade,
lo de Maestre Pedro de Marsella, que abbade
foi ja e tornou-se leygo; e dous fillos fremosinnos
A que pera parayso irmos nos mostra caminnos...

De ssa moller el avia, que mui mais ca si amava.
E o mor foi enfermo; ond' a el muito pesava,
de tan grand' enfe[r]midade que por morto o juygava
el e sa madr', e con coyta del chamavan-se mesquin[n]os.
A que pera parayso irmos nos mostra caminnos...

E con gran coita sobeja que a madre del avia
comendó-o ao Porto que é de Santa Maria,
dizendo que se vivesse, que logo en romaria
a ssa casa o levasse, e especias e cominnos
A que pera parayso irmos nos mostra caminnos...

Con el atá offreçessen; ca non tiinnam dinneyros
que partir de ssi podessem, nen ovellas nen carneiros
dos seus dar non y queriam, ca os santos son arteiros,
mais dar-ll-ia dous capões ou ben leu dous ansarin[n]os.
A que pera parayso irmos nos mostra caminnos...

E tal promessa com' esta, como quer que pequeninna
foss', assi proug' aa Virgen, que dos çeos é Reynna;
fez que o moço pedisse de comer, e foi aginna
guarid' e trebellou logo conos outros moçelinnos.
A que pera parayso irmos nos mostra caminnos...

Quand' esto Maestre Pedro viu, desta guisa loores
deu log' a[a] Groriosa; ca fez fillar dos mayores
dous capões que criava, que fez assar, e sabores
fillou mui grand' en come-los e en bever bõos vinnos.
A que pera parayso irmos nos mostra caminnos...