Cantigas de Santa Maria/CCCXCVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXCVIII


[. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . .]

A madre do Pastor bõo que connosceu seu gãado
ben pode guardar aquele que lle for acomendado.

Ca o dia da gran Ça, pois ouv' os pees lavados
a seus discipulos, disse que per ele muy guardados
seriam, ca pastor era bõo e que seus gãados
con[n]oscie si meesmo por dar a todos recado.
A Madre do Pastor bõo que conosçeu o seu gdado

[O]nde en atal semellança demostrou Santa Maria
gran miragre no seu Porto, que ant' o seu nom' avia,
que de Xerez é mui preto, na fin da Andaluzia,
u o mar Mediter[r]ano cono mui grand' é juntado.
A Madre do Pastor bõo que connosçeu o seu gãado...

Ali el Rey Don Afonso de Leon e de Castela
fez fazer a egreja muit' aposta e mui bela,
que deu a Santa Maria por casa e por capela,
en que dela foss' o nome de muitas gentes loado.
A Madre do Pastor bõo que connosçeu o seu gãado...

E enquanto a lavravam, demostrou y mui fremosos
miragres Santa Maria, e d'oir mui saborosos,
pera os que sa merçee d'ave-la son desejos[os];
mais un deles ontr' os outros vos será per min contado.
A Madre do Pastor bõo que connosçeu o seu gãado...

Un poblador y morava que vera dos primeyros,
e Don Domingo avia nom', e triinta cordeyros
que y tiin[n]a perdera; e per vales e outeyros
os andou tod' aquel dia busca[n]do, o mui coitado.
A Madre do Pastor bõo que connosçeu o seu gãado...

Enquanto os el buscava con mui gran coita sobeja,
a ssa moller, Dona Sancha, foi chorand' aa ygreja
e diss': «Ay, Santa Maria, pela ta merçee seja
que aquel gãado aja de lobos per ti guardado.»
A Madre do Pastor bõo que connosçeu o seu gãado...

E seu marido, con coita de os achar, non quedava
de busca-los pelos montes, e pero nonos achava;
mais depois a tercer dia viu o gãad' u estava
de consu, e de lobos tod' en derredor çercado.
A Madre do Pastor bõo que connosceu o seu gãado...

E do pesar que ouvera grand[e] ouv' enton conorto,
e foi fillar seu gãado e levó-o ao Porto,
que nunca daqueles lobos un dos cordeiros foi morto;
ca o Bõo Pastor tiinna a ssa Madre por cayado.
A Madre do Pastor bõo que connosceu o seu gãado...

Pois esto viron as gentes, deron porende loores
aa Virgen groriosa, que é Sennor das sennores,
porque fez que os cordeiros ouvessen por guardadores
os lobos. E poren seja seu nome sempr' eixalçado.
A Madre do Pastor bõo que connosceu o seu gãado...