Cantigas de Santa Maria/CCCXXIX

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXXIX


Como deus fez a un mouro que fillou a oferta do altar de Santa Maria que se non
mudasse do logar.

Muito per é gran dereito de castigado seer
quen s' atrev' ao da Virgen per[a] furtar con tanger.

E com' é om' atrevudo de penssar nen comedir
de furtar ren do da Virgen, que faz os ceos abrir
e dar-nos de Deus sa graça, tal é como quen cospir
quer suso contra o ceo, e vai-lle na faz caer.
Muito per é gran dereito de castigado seer...

Dest' un fremoso miragre avo, com' aprendi,
en Tudia, na eigreja da Virgen, e foi assi
que de mouros mui gran gente veron correr aly
tod' en redor pela terra e mui gran dano fazer.
Muito per é gran dereito de castigado seer...

E con quant enton roubaron foron ben aly pousar
tod' en redor da eigreja, e do seu foron fillar
meallas d'our' e deiros que poseron no altar
a onrra da Virgen santa, de que Deus quiso nacer.
Muito per é gran dereito de castigado seer...

Ca, segund' lles deu escrito Mafomat no Alcoran,
ben creen mouros sen falla, e desto dulta non an,
que do Esperito Santo s' enprennou sen null' afan
prender nen dan' a sa carne, e assi foi conceber
Muito per é gran dereito de castigado seer...

Virgen; e des que foi prenne ar pariu fillo baron
e depois ar ficou virgen, e demais ouve tal don
que sobrelos anjos todos quantos eno ceo son
a fezo Deus mais onrrada e de todos mais valer.
Muito per é gran dereito de castigado seer...

Onde, pero que os mouros non teman a nossa fe,
tod' esto da Virgen santa ten [que] gran verdad' é;
e porend' aly oraron u a ssa eigreja sé,
e cada u do que teve foi sobr' o altar põer.
Muito per é gran dereito de castigado seer...

Quand' aquest' ouveron feito, logo sse partiron en;
mas un mour' avizimao, atrevud' e de mal sen,
leixou ir os outros todos e foi en mui gran desden
fillar quant' offereceron e en ssa bulssa meter.
Muito per é gran dereito de castigado seer...

E pois los ouve fillados, atan tost' yr-se cuidou;
mais ante que aa porta chegasse, cego tornou
e perdeu todo o siso, e tan yrto se parou
ben come madeiro duro, que se non pode mover.
Muito per é gran dereito de castigado seer...

Os outros seus companneiros cataron-s' a derredor
e acharon este mos, e ouveron gran pavor
de se [for] mort' ou cativo; e o alcaide mayor
mandou que busca-lo fos[s]en e pera el o trager.
Muito per é gran dereito de castigado seer...

Eles a busca-lo foron e chegaron ben alá
aa eigrej', e un deles lles diss': «Entremos acá;
ca mui toste os crischãos o fillaron, e está
ascondudo na eigreja pera quand' escurecer
Muito per é gran dereito de castigado seer...

O levaren.» E tan toste entraron, com' apres' ei,
ena eigreja, e viron estar aquele sen lei
cegu' e ataicom' ha pedra. Diz hu deles: «¿Que farei?
Aquest' om' está já morto ou mui preto de morrer.»
Muito per é gran dereito de castigado seer...

E u deles foi a ele e falou-ll' e o tangeu,
mais aquel per nulla guisa non falou nen se moveu;
outros ao altar foron, e de quant' offereceu
a compan[n] a que se fora, non viu y ren seer.
Muito per é gran dereito de castigado seer...

Entonce disseron todos: Quiçai aqueste rapaz
foi furtar a offerenda, que lle Deus [aqu]esto faz;
e catemos se a trage e tornemo-la en paz
sobrelo altar u ante a foron off[e]recer.»
Muito per é gran dereito de castigado seer...

Aquel mouro que estava mui mais negro que o pez
foi todo escodrunnado, e logo aquela vez
acharon-ll'a offerenda e aa Sennor de prez
a deron outra vegada. E aquel mouro s'erger
Muito per é gran dereito de castigado seer...

Foi, e os ollos tan toste se ll'abriron, e a luz
viu polo prazer da Madre daquel que morreu na cruz.
E o miragre sabudo foi ben daqui ata Suz,
e dos mouros os crischãos o ouveron de saber.
Muito per é gran dereito de castigado seer...