Cantigas de Santa Maria/CCCXXXVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXXXVIII


Como Santa Maria guareceu na cidade de Evora u ome que era cego.

Muitos que pelos pecados que fazen perden o lume
guarece Santa Maria, ca atal é seu costume.

Desto direy un miragre que fezo a Virgen santa,
Madre de Deus groriosa, que nos faz mercee tanta
que nos dá saud' e siso e ao demo quebranta,
que nos quer ao inferno levar, en que nos afume.
Muitos que pelos peccados que fazen perden o lume...

Un ome bõo avia en Evora na cidade
que avia seu mancebo, per com' aprix en verdade,
que lle fazia serviço lavrando-lle sa herdade,
e a que muitas vegadas dizia: «Vai e adu-me
Muitos que pelos peccados que fazen perden o lume...

Tal ou tal cous';» e el logo mui de grado o fazia.
E porend' o ome bõo atan gran ben lle queria
que a mais de sa fazenda toda per ele tragia,
ca non lle fazia cousa de que ouvesse queixurne.
Muitos que pelos peccados que fazen perden o lume...

Onde ll' avo u dia a aquel manceb' andando
con seus bois ena arada e mui de grado lavrando,
que cegou d'ambo-los ollos, e foron-sse-ll' apertando
como se fossen apresos con visco ou con betume.
Muitos que pelos peccados que lazen perden o lume...

Tan tost' os que con el eran pelas mãos lo fillaron
e a casa de seu amo adestrado o levaron;
e poi-lo viu tan maltreito, el e os outros choraron,
dizendo: «Rey Jhesu-Cristo, tu que en Jordan no frume,
Muitos que pelos peccados que fazen perden o lume...

Sennor, fuste batiçado, fas que aquest' ome veja.»
Pois ben a cabo do ano foron aa grand' eigreija
que é de Santa Maria, u gran vertude sobeja
mostra de sãar enfermos, ond' an feit' un gran volume.
Muitos que pelos peccados que fazen perden o lume...

Ena eigrej' aquel dia ardian muitas candeas
que fazian chama crara sen fumo, non come teas;
enton viu aquel mancebo e diz: «Non son estas feas.»
E jurou que en tal dia non comess' erga legume.
Muitos que pelos peccados que fazen perden o lume...