Cantigas de Santa Maria/CCLXIV

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLXIV


Como Santa Maria fez pereçer as naves dos mouros que tiin[n]am çercada Costantinopla,
tanto que os crischãos poseron a ssa ymagen na rriba do mar.

Pois aos seus que ama defende todavia,
dereit' é que defenda a ssi Santa Maria

E daquest' un miragre vos quero contar ora
que fez Santa Maria, a que nunca demora
de rogar a seu Fillo, ca sempre por nos ora
que nos valla nas coitas mui grandes todavia.
Pois aos seus que ama defende todavia...

E ela, por vertude que del á, nos defende
e defende a ssi misma quand' algun torto prende;
ond' aqueste miragre que vos direi porende
fez en Costantinopla, u gran torto prendia.
Pois aos seus que ama defende todavia...

Ca os mouros veron cerca-la con gran brio
per mar con sas galeas e con mui gran navio;
e assi os cuitaron que per força do ryo
lles tolleron a agua, ond' a gente bevia.
Pois aos seus que ama defende todavia...

Assi que os crischãos con mui gran cuita fera
foron aa omagen que San Luchas fezera
da Virgen groriosa, que ja muitos ouvera
feitos grandes miragres e sempre os fazia.
Pois aos seus que ama defende todavia....

Esta omagen era en tavoa pintada
mui ben e muit' aposto, e assi fegurada
como moller que f osse mui ben f aiçõada,
como a Virgen santa pareceu, parecia.
Pois aos seus que ama defende todavia...

E ante que morresse a Virgen, fora feita
a semellante dela por destroyr a seita
dos judeus e do demo, que sempre nos espreita
por fazer que caiamos en err' e en folya.
Pois aos seus que ama defende todavia...

Esta põer mandara na riba, mantente,
do mar un cavaleiro que era mui creente
na Virgen groriosa, porque viu que a gente
cuitada e seu preito todo pera mal ya,
Pois aos seus que ama defende todavia...

E quand' ali foi posta, chorando lle rogaron
dizend': «Aquestes mouros que nos assi cercaron,
dá-lles tu maa cima desto que começaron,
que contra o teu Fillo fillan tan gran perf ia.»
Pois aos seus que ama defende todavia...

Quand' est' ouveron dito, eno mar a poseron
u a feriss' as ondas, e assi lle disseron:
«A ti e nos deffende destes que non creveron
nen creen no teu Fillo, ca mester nos seria.»
Pois aos seus que ama defende todavia...

Ent[t]on toda a gente aos ceos as mãos
alçaron, e tan toste as naves dos pagãos
eno mar s'afondaron per rogo dos crischãos
e da beita Madre, que os guiou e guia.
Pois aos seus que ama defende todavia...

E por este miragre deron grandes loores
todos comalmente, mayores e mores,
aa Virgen beita, que aos peccadores
acorr' e a coitados nas coitas noit' e dia.
Pois aos seus que ama defende todavia...