Cantigas de Santa Maria/CCLXVI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLXVI


Como Santa Maria de Castroxerez guardou a gente que siia na ygreja oy[n]do o sermon,
da trave que caeu de çima da ygreja sobr' eles.

De muitas guisas miragres a Virgen esperital
faz por que en Deus creamos e por nos guardar de mal.

E por esto contar quero dun escrito en que diz
un mui fremoso miragre que fez en Castroxeriz
a Virgen Santa Maria, ond' aqueste cantar fiz;
e por Deus, parad' y mentes e non faledes en al.
De muitas guisas miragres a Virgen esperital...

Aquesto foi na ygreja que chamada é de pran
de todos Santa Maria, e muitas gentes y van
ter ali ssas vegias e de grad' y do seu dan
por se fazer a eigreja e a torr' e o portal.
De muitas guisas miragres a Virgen esperital...

E por aquesto madeira fazian ali trager,
pedra e cal e ara; e desta guis' a fazer
começaron a ygreja tan grande, que ben caber
podess' y muita de gente, pero non descomunal.
De muitas guisas miragres a Virgen esperital...

Onde avo un dia que estando no sermon
mui gran gente que y era, conteçeu assi enton
que caeu ha gran trave sobre la gente; mas non
quis a Virgen que ferisse a nunll' om'. E quen viu tal
De muitas guisas miragres a Virgen esperital...

Miragre! ca tan espessa siya a gen' aly
aquele sermon oyndo, como contaron a mi,
que de cima non podia niha ren caer y
que non matass' ou ferisse e fezesse gran sinal.
De muitas guisas miragres a Virgen esperital...

Mas a Virgen groriosa, cujo era o lavor,
non quis que aquela trave fezesse senon pavor.
Poren quantos y estavan deron a ela loor,
que senpr' aos seus acorre nas grandes coitas e val.
De muitas guisas miragres a Virgen esperital...