Cantigas de Santa Maria/CCVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCVIII


Como u erege de Tolosa meteu o Corpo de Deus na colma e deu-o aas abellas que o
comessen.

Aquele que ena Virgen carne por seer veudo
fillou, ja per ren non pode seer nenllur ascondudo.

Ca assi como dos ceos deceu e que foi fillar
carne da Virgen mui santa por sse nos ben amostrar
de com' era Deus e ome, esto non é de negar,
ca macar seja o seu Corpo en qualquer logar metudo.
Aquele que ena Virgen carne por seer veudo...

Ond' avo en Tolosa, en que soya aver
ereges de muitas guisas, que non querian creer
[nen] en Deus nen en sa Madre, ante de chão dizer
yan que quen os creya, que o davan por perdudo.
Aquele que ena Virgen carne por seer veudo...

E macar esto dizian, as missas yan oyr
e as oras enas festas, segund' oý departir,
e demais ar comungavan por sse mellor encobrir;
e o que assi fazia[n], tiano por sisudo.
Aquele que ena Virgen carne por seer veudo...

Onde foi en ha Pascoa que un deles comungou
e fillou o Corpus Cristi, mais per ren nono passou,
e tod' enteiro com' era ena boca o levou;
e esto fez mui coberto, que lle non fosse sabudo.
Aquele que ena Virgen carne por seer veudo...

E pois chegou a ssa casa, foi atal ssa entençon
de deita-l' en algun logo mao; e como felon
foi correndo muit' aga a un seu orto, e non
coidou que [o] nengun visse nen en foss' apercebudo.
Aquele que ena Virgen carne por seer veudo...

E en ha ssa colma o deitou e diss' assi:
«Abellas, comed' aquesto, ca eu o vinno bevi;
e se vos obrar sabedes, verei que faredes y.»
E des i foi-sse mui ledo o traedor descreudo.
Aquele que ena Virgen carne por seer veudo...

E quando chegou o tenpo que aas colmas van
por fillar o fruito delas, foi el log' alá de pran
veer as suas e disse: «Verei que obra feit' an
na ostia as abellas.» E enton com' atrevudo
Aquele que ena Virgen carne por seer veudo...

Abriu mui tost' a colma e ha capela viu
con seu altar estar dentro, e a omagen cousiu
da Virgen cono seu Fillo sobr' ele, e ar sentiu
un odor tan saboroso que logo foi convertudo,
Aquele que ena Virgen carne por seer veudo...

E foi corrend' ao bispo e conffessou-sse-lle ben,
e contou-ll' este miragre, que sol non ll' en leixou ren,
ant' a crerezia toda. E o bispo fez bon sen
e mandou assar toste o poblo grand' e mudo.
Aquele que ena Virgen carne por seer veudo...

E con grandes precissões foron e dando loor
aa Virgen groriosa, Madre de Nostro Sennor;
e cataron a colma, e pois viron o lavor,
deitou-ss' o poblo en terra a prezes tod' estendudo.
Aquele que ena Virgen carne por seer veudo...

E repentiron-sse muito e ar choraron assaz,
loando Santa Maria que muitos miragres faz
con seu Fillo Jhesu-Cristo, e adusseron en paz
aa See a capela, por que fosse mais sabudo.
Aquele que ena Virgen carne por seer veudo...