Cantigas de Santa Maria/CCXCVI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXCVI


Como Santa Maria apareçeu a un monje na çibdade de Conturbel e mostrou-lle como a
servisse.

Quen aa Virgen santa mui ben servir quiser,
conven-lle que a sérvia com' a ela prouguer.

Ca servir nona pode ben quena non amar,
nen amar nunca muito o que a non onrrar,
e fazendo tod' esto, ar deve-a loar...
por muitos de miragres que faz quand' ela quer.
Quen aa Virgen santa mui ben servir quiser...

E dest' un gran miragre ora vos contarey
que en Conturbe[l] fezo, per com' escri' achey,
por un monge, sant' ome; e sõo cert' e sey
que senpre fará est' a quena servir souber.
Quen aa Virgen santa mui ben servir quiser...

Este muit' ameude fazia oraçon
sempr' ant' o altar dela con mui gran devoçon,
os gollos ficados, e mui de coraçon
pedia que lle désse, ca ll'era mui mester,
Quen aa Virgen santa mui ben servir quiser...

Siso per que podesse a saber ben servir;
e outra cousa nunca lle queria pedir.
E a Virgen non quiso que en seu don falir
foss', e apparecer-lle foi, como vos disser,
Quen aa Virgen santa mui ben servir quiser...

Mais fremosa e crara que la nen sol é,
e disse-ll': « O que pedes praz-me, per bõa fe;
e eu dizer-cho quero ca meu Fill', u el ssé,
ten por ben que cho diga, e direi-cho, senner.
Quen aa Virgen santa mui ben servir quiser...

Se ben queres servir-me, primeiro amar-m-ás
muit' ena voontade, outrossi onrrar-m-ás,
e sobre tod' aquesto sempre me loarás,
pois me fillou por madre Deus, seend' eu moller.
Quen aa Virgen santa mui ben servir quiser...

Quanto a Virgen disse, todo o ascoitou
aquel frade de grado, e quanto lle mandou
fazer, todo foi feito; e depois lle levou
aos ceos a alma. Poren quena crever
Quen aa Virgen santa mui ben servir quiser...

Sempr' en aqueste mundo bõa vida fará,
e quen servir a ela, seu Fillo servirá,
e pois que del for fora, Parayso verá;
demais valrrá-lle senpre u a mester ouver.
Quen aa Virgen santa mui ben servir quiser...