Cantigas de Santa Maria/CCXX

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXX


Esta é de loor de Santa Maria.

E quena non loará
a que todo mal
tolle e todo ben nos dá?

Ca muito é gran dereito, quen d' angeos é servida
e nos todo mal tolle no mundo e nos dá vida,
que senpre a loemos; ca de loor conprida
éste e senpre será.
[E] quena non loará...

Dereit' é que loemos a que senpr' é loada
e da corte dos ceos servida e onrrada,
e que ao seu Fillo por nos é avogada;
e gran[de] razon y á.
E quena non loará...

Dereit' é que loemos a que todos los santos
loan dias e noites con mui fremosos cantos,
e Deus en nos por ela mostra miragres quantos
por outra non mostrará.
E quena non loará...