Cantigas de Santa Maria/CCXXXI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXXXI


Como Santa Maria fez que tres minos alçassen os marmores que non podian alçar toda a
gente que sse y ajuntava.

Vertud' e sabedoria
de ben á Santa Maria.

Mui gran vertude provada
Deus, seu Fillo, ll' ouve dada,
u pres ssa carne sagrada
por nos, que salvar queria.
Vertud' e sabeduria...

Ar mui gran sen ll' ouve dado
u en ela ensserrado
foi, ca ben ali mostrado
ll' ouve do ben que sabia.
Vertud' e sabeduria...

Poren Costantin eigreja
desta que beita seja
fazia, grande sobeja,
en que gran custa prendia.
Vertud' e sabeduria...

E dava muytos dinneiros
aos maestres pedreiros
que lle trouxessen enteiros
marmores de Romania,
Vertud' e sabeduria...

Os us pera altares,
e outros pera piares;
poren de muitos logares
ali trage-los fazia.
Vertud' e sabeduria...

E tan grande-los trouxeron,
que depois, quando quiseron
alça-los, nunca poderon
per niha maestria.
Vertud' e sabeduria...

Ca macar ss' i ajuntava
toda a gent' e provava
d' alça-los, sol non alçava
o mor que y avia.
Vertud' e sabeduria...

Ond' o maestre coitado
era en muit' aficado,
porque sol dar y recado
per nulla ren non podia.
Vertud' e sabeduria...

Mai-la da gran piedade,
mui sag' e de gran bondade,
mostrou-sse con claridade
ao maestr' u durmia
Vertud' e sabeduria...

E disse: «Se me creveres
e meu mandado fezeres
e as pedras alçar queres,
porrei t' end' eu ena via.
Vertud' e sabeduria...

Esto é que filles çedo
tres menos mui sen medo,
e farei-lles alçar quedo
as pedras sen gemetria.»
Vertud' e sabeduria...

O maestre s' espertava
e os minos fillava,
e ben com' ela mandava
aquelas pedras ergia
Vertud' e sabeduria...

Sen ajuda de conpanna
nen d' engyo nen de manna,
senon per vertud' estranna
da Beita que nos guia,
Vertud' e sabeduria...

Que faz miragres fremosos
muitos e maravillosos
por nos fazer desejosos
d' avermos sa conpannia.
Vertud' e sabeduria...