Cantigas de Santa Maria/CCXXXIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCXXXIII


Como Santa Maria defendeu un cavaleiro que se colleu a ha eigreja sua dus cavaleiros
que o querian matar.

Os que bõa morte morren e son quitos de peccados,
son con Deus e con ssa Madr' e senpre jazen seus mandados.

Desto direi un miragre que mostrou Santa Maria
por un mui bon cavaleiro, que en ela ben creya
e a que seus emigos quiseron matar un dia,
se ll' ela 'nton non valesse, que val sempr' aos coitados.
Os que bõa morte morren e son quitos de peccados...

El muit' omeziad' era e senpr' apos el andavan
aqueles seus emigos, porque mata-lo cuidavan;
mas un dia que o soo eno camo achavan,
a el correr-se leixaron, dando mui grandes braados,
Os que bõa morte morren e son quitos de peccados...

Dizendo-lle: «Morreredes.» Mas el nonos asperava,
ca tragia bon cavalo que o deles alongava;
e log' a ha hermida foi da Virgen, u entrava,
que é cabo Pena-Cova, u jazian soterrados
Os que bõa morte morren e son quitos de peccados...

Omees bõos do tempo que sse perdera a terra,
que os mouros gaannaran, e os mataran na guerra,
E ali Santa Maria o anparou, que non erra,
en com' agor' oyredes, se esteverdes calados.
Os que bõa morte morren e son quitos de peccados...

Ele de Santo Domingo de Silos enton sayra,
e quando foi na carreyra e, como vos dixe, vira
seus emigos pos ele vir e que lles fugira,
entrou naquela ermida dizendo: «Os meus pecados,
Os que bõa morte morren e son quitos de peccados...

Madre de Deus, son tan muitos que, se me non perdõares
tu que o [ben] fazer podes, ou sse me non anparares
destes que me matar queren, par Deus, muitos de pesares
te farán os malcreentes que andan desasperados.»
Os que bõa morte morren e son quitos de peccados...

Enquant' el esto dizia, os cavaleiros mui toste
chegaron polo mataren; mas viron estar grand' oste
ant' a porta da eigreja, que era en un recoste,
e tod' aquel logar cho era d'omees armados
Os que bõa morte morren e son quitos de peccados...

Que llo defender querian, se ss' eles a el chegassen.
E quand' eles esto viron, med' ouveron que ss' achassen
mal de Deus e de sa Madre se y mais fazer provassen,
e afastaron-s' afora, ca foron muit' espantados.
Os que bõa morte morren e son quitos de peccados...

Ca ben viron que aqueles que o ajudar veran,
en como toste chegaron, que deste mundo non eran;
e porende repentidos foron de quanto fezeran
e perdõaron-lle logo, e foron del perdõados,
Os que bõa morte morren e son quitos de peccados...

E de ssu se tornaron. E pois as gentes souberon
da terra este miragre, mui gran prazer end' ouveron;
e todos comalmente a Santa Maria deron
loores, porque son senpre os seus por ela guardados.
Os que bõa morte morren e son quitos de peccados...